HomeDeportesSober celebra o 24 de agosto a Santa Cruz Bike

Sober celebra o 24 de agosto a Santa Cruz Bike

Como novidades máis salientables, é que se sobe o listón a 200 participantes, e que a proba se celebrará o sábado, para que os participantes poidan quedar e participar das festas patronais do pobo, nas que haberá diferentes sorteos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Da presentación da cita deportiva participaron o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, Nemesio Rodríguez por parte da comisión de festas de Santa Cruz de Brosmos, Aarón Vázquez, director da proba e responsable do club ciclista Ribeira Sacra, o director técnico da proba, Alejandro Araújo de Biciracing Monforte e o responsable da seguridade, Adrián González. Todos eles dirixidos pola batuta de Anabel Pérez, quen fixo de presentadora do evento.

Todos os participantes destacaron que esta cita deportiva é moi importante para a Comarca, chegando a ser referente neste tipo de probas que atraen xente xa non só de Galicia, senón das comunicades veciñas. Aínda que non se desvelou o trazado, xa que é tradición mantelo en segredo ata a semana anterior á proba, si que se fixo fincapé en que seguirá pasando por sendeiros que farán desfrutar aos participantes da proba.

Ao remate, falouse da seguridade do evento e insistiuse en que se está a traballar arreo por parte da organización para que os sendeiros estean en óptimas condicións para a proba. Convidouse a todos os afeccionados ao ciclismo de montaña a participar na proba que se celebrará o próximo 24 de agosto. 

Soberbike presentación / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....