HomeDeportesEste 13 de setembro comeza en Sarria a 22ª Volta Ciclista a...

Este 13 de setembro comeza en Sarria a 22ª Volta Ciclista a Galicia

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu este venres en Sarria á saída da primeira etapa da 22ª Volta Ciclista a Galicia, que comezou nesta localidade cunha contrarreloxo de 7,1 quilómetros. A proba conta co apoio da Administración autonómica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A primeira etapa da Volta a Galicia, o 12 de setembro, será unha contrarreloxo individual con saída na rúa da Liberdade e chegada na rúa Maior (fronte á Igrexa de San Salvador), e un percorrido de 7,1 quilómetros pola vila e a contorna da localidade. A proba comezará ás 18.00 horas.

O trazado deseñado para o 13 de setembro, segunda etapa da Volta a Galicia, con chegada e saída na rúa da Liberdade, conta con 160 quilómetros nos que os ciclistas percorrerán tamén outros concellos das comarcas de Sarria e Lugo como Samos, Láncara, O Páramo, O Corgo, Castroverde, Baralla e Lugo (Nadela). A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha saída neutralizada.

Trátase dun itinerario de media montaña con terreo bastante rápido e rompepernas, con Montán (Samos) e Sobrado (Baralla) -portos de terceira categoría- como puntos máis altos do circuíto.

Arias destacou que a competición “nos permite desfrutar na provincia de Lugo dun auténtico espectáculo deportivo”, que ademais “ten unha boa repercusión económica e promocional nos concellos que percorre”. Ao longo das catro etapas os ciclistas atravesarán case 30 municipios galegos, oito deles lucenses – Sarria, O Páramo, Láncara, O Corgo, Lugo, Castroverde, Baralla e Samos –.

.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...