HomeDeportesO Quixós queda 3º no Campionato Galego de Promoción de Slalom

O Quixós queda 3º no Campionato Galego de Promoción de Slalom

Fíxoo tras acadar 9 medallas individuais e a tan só 19 puntos do primeiro clasificado, o Club de pragüismo Tea, de Mondariz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A praia do Val, en Mondariz, foi testemuña da última proba do Campionato Galego de Promoción Slalom 2024 na mañá do domingo 29 de setembro.

O río Tea levaba pouca canle de auga, e nese tramo estaba moi moi calma, feito que dificultou aos piragüistas avanzar facendo máis duro o percorrido. Aínda así, todas e todos baleiráronse sabendo que nesta proba xogábanse o posto final e definitivo da tempada na clasificación galega.

Piragüista do Quixós encarando a liña de meta / XdL

O Club Quixós quedou terceiro clasificado, levando a medalla de bronce, e por enriba dos monfortinos, o Club Deportivo Miño Teixugos de Tomiño, medalla de prata;e O Club Río Tea, de Mondariz, medalla de ouro.

Entrega de medallas por equipos / XdL
MEDALLEIRO INDIVIDUAL

No que respecta aos recoñecementos individuais, as e os deportistas que acadaron medalla foron os seguintes:

CATEGORÍA INFANTIL

Edgar, medalla de prata en K1 e bronce en C1.

África, medalla de bronce en K1.

CATEGORÍA ALEVÍN

Abril, medalla de prata en K1, e bronce en C1.

Lucas, medalla de bronce en C1.

Xoel Fernández, medalle de ouro en C1, e prata en K1.

CATEGORÍA BENXAMÍN

Manuel, medalla de bronce en K1.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...