HomeDeportesMellórase con 200.000€ a eficiencia enerxética e o illamento do Pavillón Municipal...

Mellórase con 200.000€ a eficiencia enerxética e o illamento do Pavillón Municipal de Ribas de Sil

A Xunta de Galicia destinou 200.000 euros a mellorar o illamento e a eficiencia enerxética do pavillón municipal de Ribas de Sil. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou esta semana o resultado das actuacións, financiadas ao abeiro das dúas últimas convocatorias do Fondo de Cooperación Local que xestiona a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pavillón é un edificio de titularidade municipal que forma parte do complexo docente do CEIP de San Clodio, utilizado tanto para as clases do centro como para actividades extraescolares e para eventos sociais, recreativos e culturais do municipio.

Nunha primeira fase das obras substituíuse por completo a cuberta de paneis simples por paneis tipo sandwich, e tamén se cambiou a iluminación por lámpadas de tipo led, que consumen menos enerxía.

A intervención completouse nos últimos meses coa instalación de revestimentos illantes polo interior. Na cuberta colocáronse paneis de espuma de melamina con propiedades térmicas nas franxas opacas, evitando tapar a entrada de luz natural; nos muros laterais de fábrica de bloque de formigón incorporouse un trasdosado que permite formar unha cámara na envolvente.

Como resultado, ademais de obter un maior confort térmico e un aforro de consumo enerxético, mellorouse a acústica do recinto eliminando reverberacións.

Nos últimos dous anos, a Consellería ten achegado ao Concello de Ribas de Sil preto de 333.000 euros a través de distintas liñas de axuda que tramita a Dirección Xeral de Administración local

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...