HomeDeportesOs partidos da Pinguela, en Monforte, poderanse seguir en directo sen necesidade...

Os partidos da Pinguela, en Monforte, poderanse seguir en directo sen necesidade de presenza física no campo

Será posible dende este domingo 1 de decembro e poderase seguir xa o encontro que enfronta ao C.D. Lemos contra o C.D. Lalín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende este 1 de decembro os partidos que se disputen no Campo Municipal de Fútbol da Pinguela durante a tempada 2024-2025 poderanse seguir en directo grazas a un convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Monforte e Televisión do Deporte Galego.

Trátase dunha plataforma de streaming exclusiva para o deporte modesto a través da cal se van a emitir os partidos dos principais deportes de Galicia a partir da tempada 2024-2025. Unha televisión por internet con App’s para todo tipo de dispositivos, incluídas Smart TV´s.

Segundo José Tomé, o Alcalde de Monforte, ”o obxectivo é axudar aos clubes modestos a xerar novos recursos económicos, así como dotalos de ferramentas tecnolóxicas para mellorar técnica e deportivamente. Neste caso, falamos do Club Lemos”.

Para a emisión dos partidos usarase un moderno sistema de produción composto por unha cámara panorámica de calidade 8k e unha cámara robotizada full HD manexadas mediante intelixencia artificial, así como unha mesa de produción na nube que permitirá engadir de xeito automático marcador, locucións, aliñacións, estatísticas do partido, e todo o necesario para facer unha realización de alta calidade.

CUSTE CERO PARA O CONCELLO

A empresa galega Cinfo, empresa encargada da emisión dos partidos, asinou un acordo coa Real Federación Galega de Fútbol que permite que tanto a instalación das cámaras como a emisión dos partidos non teña custe para o Concello de Monforte.

O Alcalde subliña o compromiso co deporte local e a aposta polas novas tecnoloxías con medidas como a devandita. E no caso concreto do Campo de Fútbol da Pinguela lembra outras axudas como a realizada para a renovación do céspede do terreo de xogo, para a iluminación do campo, para o novo videomarcador e a recente renovación dos parasois da grada do Campo de fútbol municipal de A Pinguela.

O enlace a través do que se poderá acceder á plataforma para seguir o partido do domingo entre o C.D. Lemos e o C.D. Lalín: https://tiivii.gal/videodetail/1178

ÚLTIMAS

Delia González, unha filla da emigración galega a Arxentina con raíces en Pantón

Encarnación verbalizaba as palabras mentres súa nora, Flora, escribíaas na mesma cociña, ao carón...

Convócase o Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais de Monforte

O Concello de Monforte convoca o XX Concurso de deseño de carteis das Festas...

Excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Tal como informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas no...

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas...