HomeDeportesDescenso do Cabe en piraguas para empezar o 2025

Descenso do Cabe en piraguas para empezar o 2025

Varios piragüistas do club monfortino Quixós descenderon o río Cabe o pasado día 1 de xaneiro desafiando temperaturas baixo cero.

Publicado o

- Advertisement -

As xeadas déronlle a benvida ao 2025 no sur de Lugo, tendo Monforte na madrugada do día 1 de xaneiro temperaturas baixo cero. Pois ben, un grupo nutrido de piragüistas do Club Quixós que non lle tivo medo a esta climatoloxía púxose “piragua á auga” para descender o río Cabe dende o Azud de Ribas Altas.

Ás 10:00 h. da mañá saía da súa base no Parque dos Condes un grupo de 14 piragüistas coa furgoneta do club e varios coches de familiares que quixeron acompañar no descenso, para dar apoio moral e sacar fotos. Sobre as 10:30 h. estaban no Azud de Ribas Altas para empezar dende alí o descenso do Cabe ata o embarcadoiro do Parque dos Condes. A temperatura era duns 2 graos baixo cero e a da auga duns 5-6 graos pero nin con esas estes atrevidos deportistas quixeron faltar a esta xa consolidada tradición de ano novo.

Azud de Ribas Altas. Foto: A. Cortiñas.
Saída do Azud de Ribas Altas. Foto: XMF

O descenso, aínda con moi pouco caudal este ano, ten como atractivos a contorna natural do percorrido e os saltos de auga. Os máis impresionantes son o que hai no azur, no punto de saída, e o que hai no Club Fluvial.

Descenso dos piragüistas con algo de brétema. Foto: A. Cortiñas.
Salto de auga. Foto: A. Cortiñas.
Chegada ao Club Fluvial. Foto: A. Cortiñas.

No traxecto, en paralelo e por pistas, foron acompañados por familiares e dous fotógrafos, os coñecidos ‘Montero’ e ‘Cortiñas’.

Sendo xa case as 12:00 h. da mañá chegaban os 14 piragüistas ao embarcadoiro do Parque dos Condes. Amosaban a satisfación de empezar o ano facendo deporte e desafiando as baixas temperaturas pero tampouco escondían o frío que pasaron, sobre todo os que probaron a auga con algún remollón. Como remate, unha vez cambiados, dúas nais agasallaron con galletas e chocolate aos presentes, agradecida recompensa que axudou a entrar en calor aos deportistas.

Chocolate e galletas para quitar o frío. Foto: XMF

Como curiosidade comentar que entre os piragüistas atopábanse dous de Ourense que viñeron probar a experiencia e quedaron encantados.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...