HomeDeportes3º posto para o Quixós na Copa Ibérica de Slalom

3º posto para o Quixós na Copa Ibérica de Slalom

A competición tivo lugar os días 1 e 2 de febreiro no río Tea do Concello de Mondariz Balneario. Ademais do bronce por equipos, o club monfortino acadou 7 medallas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A pasada fin de semana celebrouse en terras pontevedresas, concretamente en Mondariz Balneario, a Copa Ibérica Slalom, competición na que se disputaban a 1ª Copa Galega Novas Promesas Slalom e a 1ª Copa Galega de Slalom Olímpico.

O río Tea foi o protagonista desta proba na que estiveron presentes, ademais de clubes galegos, outros procedentes de lugares como Portugal, Asturias, Euskadi, ou Salamanca. Houbo un gran número de deportistas que demostraron un alto nivel desafiando o complicado percorrido deseñado nas dúas xornadas para o descenso das augas bravas do río pontevedrés.

Un dos moitos rescates tras envorcar un participante. Foto: XMF
Unha imaxe do descenso nas augas bravas do río Tea. Foto: XMF

O club Quixós chegaba a Mondariz Balneario coas expectativas altas, aínda sabendo do complicado que sería alcanzar medallas. Tras unha primeira xornada clasificatoria –sábado 1 de febreiro– chegaba o domingo, día no que nunha soa manga se decidiu a clasificación final cun balance de 7 medallas invididuais e un terceiro posto por equipos para a expedición monfortina.

En relación ao resultado acadado cómpre salientar a achega das mulleres que, grazas ás súas 5 medallas individuais, impulsaron ao Quixós ata o terceiro posto.

Santi Díaz recollendo o trofeo que acredita ao Club Quixós como 3º da proba. Foto: XMF
MEDALLEIRO

O club gañador desta Copa Ibérica de Slalom foi o club anfitrión, o Tea Mondariz Balneario, quedando o Quixós como terceiro despois do equipo portugués do Amarao.

No que respecta a méritos individuais, volveron con medallas para Monforte: Sara Inés Varela, con 2 ouros en Cadete K-1 e C-1; Noa Díaz, con prata en C-1 senior e bronce en K-1 senior; Nerea Gutiérrez, prata en C-1 junior; Santi Díaz, prata en K-1 veterán; e Iván Gutiérrez, bronce en K-1 veterán.

Sara Inés Varela, gañadora de 2 ouros. Foto: XMF
Podium da categoría Veterán K-1 co 2º e 3º posto para o Quixós. Foto: XMF

ÚLTIMAS

“O atentado contra as Torres Xemelgas prendeu o meu interese pola historia”, Sergio Martínez, guía turístico e historiador afeccionado

Sergio Martínez Cotos é un barcelonés licenciado en ciencias políticas que leva traballando como...

Bendición das roscas e das cintas na celebración do San Blas

Seguindo a tradición, este 3 de febreiro pola mañá celebrouse a eucaristía do San...

A pintora, Maruja Mallo, dá nome á rúa do colexio de Sober

O Concello de Sober acordou no último pleno, a proposta da Alcaldía, dedicarlle a...

O Páramo acolleu unha xornada de transformación e crecemento no rural galego

A finalidade do encontro era poñer en valor as posibilidades de emprender no rural...