HomeDeportesQuen cobra o IBI do campo de fútbol de Bóveda?

Quen cobra o IBI do campo de fútbol de Bóveda?

A voceira do PSOE en Bóveda, María Carmen Macía, asegura que o recibo polo IBI de urbana que lle chegou á Asociación Deportiva Club de Fútbol de Bóveda polo campo Hermanos Somoza é unha reclamación do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

A Agrupación Socialistas de Bóveda agradece á Deputación os 20.000 euros achegados para o impulso e fomento do deporte. As aportacións foron para a celebración de actividades, renovación de instalacións deportivas, dotación de material e gastos correntes de clubes e asociacións deportivas de Bóveda.

8.000 euros adicáronse a melloras no pavillón polideportivo, como labores de albanelería e carpintería na fachada e adecuación dos espazos. Con respecto ao IBI do Hermanos Somoza, a Deputación tramita a xestión deste imposto local de balde para aforrarlle eses custos ao Consistorio e axilizar o procedemento. Os socialistas de Bóveda aclaran, por se houbese algún malentendido, que aínda que a Deputación de Lugo leve a devandita xestión, o concello é quen cobra o recibo.

Noutro orde de cousas, o ente provincial dotou a esta instalación dun cortacéspede para acondicionar o terreo contriubuíndo a reducir custes ao Clube que gastaba uns 180 euros mensuais en ter en boas condicións o terreo de xogo.

Para o impulso do deporte no concello, a Deputación adicou 5.000 euros, segundo afirman os socialistas para colaborar co Clube de Xadrez “Reyes y Peones” para a celebración do Torneo Comarcal de xadrez; para o Club Deportivo Rubián e para a Asociación Deportiva Clube de Fútbol de Bóveda.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...