HomeDeportesEste 8 de febreiro o karate galego dáse cita en Chantada

Este 8 de febreiro o karate galego dáse cita en Chantada

O Concello de Chantada colabora un ano máis coa Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas, e este 8 de febreiro a vila do Asma acollerá por terceiro ano consecutivo o "Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A competición comezará ás 9.00h no Pavillón Municipal de Chantada e seguirá pola tarde desde as 16:00h. Alí daranse cita 467 deportistas de máis de 156 equipos pertencentes a 28 clubs. A participación local corre a cargo do Chantada Karate Club, que presenta na competición a 8 deportistas e 3 equipos de categoría xuvenil. Tamén participará en kata e kumite individual sénior.

Así entre os/as deportistas, acompañantes, equipo de árbitros e de staff, ademais do público, máis dun milleiro de persoas ocuparán este sábado o Pavillón chantadino. O alcalde agradece a confianza da organización para acoller esta competición, “Para o Concello de Chantada é una honra acoller por terceiro ano consecutivo esta cita que trae a Chantada a centos de persoas apaixonadas do deporte, neste caso do karate que en Chantada ten grandes deportistas. Será tamén un día de moita ambientación na vila e iso sempre é benvido”, asegura Manuel Lorenzo Varela.

A competición deste 8 de febreiro en Chantada é clasificatoria para os Campionatos de España Absoluto e de Clubs. A entrada é de balde e tamén poderase seguir en directo a través da canle de YouTube da Federación Galega de Karate e da plataforma web Karate Scoring.

ÚLTIMAS

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...