HomeDeportesO Comité Olímpico Español recoñece os méritos deportivos das piragüistas monfortinas Noa...

O Comité Olímpico Español recoñece os méritos deportivos das piragüistas monfortinas Noa Díaz e Ximena Prats

Nunha carta persoal recibida polas deportistas do Club Quixós a institución comunícalles que lle outorgan a "Medalla do COE" en recoñecemento aos seus méritos deportivos no 2024.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, recibirán a “Medalla do COE” en recoñecemento aos éxitos deportivos acadados o pasado ano. A noticia foi recibida polas monfortinas a través dunha carta persoal asinada polo propio Presidente do Comité Olímpico Español. Ademais, o máximo dirixente desta institución felicítaas “por este merecido galardón, reflexo do seu compromiso, esforzo e excelencia”.

A data de entrega da devandita distinción seralles comunicada no seu momento pola Real Federación Española de Piragüismo.

A comunicación persoal recibida colleunas de sorpresa ata tal punto que o técnico do Quixós, Santi Díaz, comentaba: “nin pola imaxinación pensabamos nesa medalla. De feito, pensei que se trabucaran”.

UN 2024 ESPECTACULAR

Ademais do amplo medalleiro acadado a nivel galego co seu Club Quixós, Noa e Ximena tamén tiveron relevantes premios a nivel nacional e internacional o pasado ano. Concretamente, foron o bronce no Campionato do Mundo de augas bravas, celebrado en León na modalidade de patrullas C-1 co trío no que tamén estaba a vasca Eider Larrañaga.

Sumado ao anterior cómpre salientar que Noa acadou o segundo posto a nivel estatal na modalidade de kaiac cross e décima no Campionato Europeo.

E precisamente polos devanditos éxitos deportivos, a monfortina recibiu en outubro de 2024 o premio de deportista do ano na XVIII edición dos Premios El Progreso do Deporte Lucense.

Noa Díaz co premio de deportista do ano na XVIII edición dos Premios El Progreso do Deporte Lucense . Foto: Club Quixós.

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...