HomeDeportesAberto o prazo para inscribirse na XV Carreira Popular de Monforte que...

Aberto o prazo para inscribirse na XV Carreira Popular de Monforte que se celebra o 27 de abril

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte vén de abrir o prazo para inscribirse na “XV Carreira Popular Concello de Monforte 2024” que se celebrará o domingo 27 de abril de 2025. “Seguimos adiante coa organización do que é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello. As persoas interesadas poden inscribirse de balde a través da páxina web www.monforte10k.com ou da plataforma de inscricións www.ccnorte.com”.

O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía. Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

A entrega de dorsais dos/das atletas que se inscriban de xeito individual, realizarase por adiantado na Oficina Municipal de Deportes: Venres 25 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. e Sábado 26 de abril: de 9:00 a 14:00 h. Habilítanse ademais puntos de recollida fóra de Monforte ou a opción de enviar o dorsal a domicilio.

Premios

Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:

  • Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
    • 1º clasificado: 300 €
    • 1ª clasificada: 300 €
    • 2º clasificado: 200 €
    • 2ª clasificada: 200 €
    • 3º clasificado: 100 €
    • 3ª clasificada: 100 €
  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as  en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ó finalizar a carreira así como un agasallo conmemorativo do evento.

Inscricións colectivas para colexios de Monforte

Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 15 de abril. Deste xeito o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ó centro educativo con antelación.

ÚLTIMAS

Este 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón con 10 proxeccións ata outubro

O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia...

O PP de Monforte pedirá no pleno instar ao Ministerio de Transporte a mellorar as frecuencias ferroviarias da cidade e rematar as obras da...

A voceira popular, Katy Varela, destaca que “non se trata de cores políticas, senón...

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo...

Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e delega temporalmente no seu número dous

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel...