HomeDeportesAtletismo A Gándara de Monforte acada 3 medallas no Campionato Galego sub16

Atletismo A Gándara de Monforte acada 3 medallas no Campionato Galego sub16

Sabela Nieves ouro, Ismael Rodríguez prata e Sara Perez o bronce nas súas respectivas categorías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada do sábado, na pista cuberta de Expourense as atletas da Gándara acadaron o éxito ao traer tres medallas do Campionato Galego Short Track sub 16.

Sabela Nieves, cun tempo de  10:46 acadou o ouro na súa categoría sub16

Ismael Rodríguez, mellora a súa marca persoal con 2:39:80 no 1000 e acada a medalla de prata.

Sara Pérez, mellora a súa marca persoal no 600m cun tempo de 1:38:23 e acada a medalla de bronce sendo a única atleta de primeiro ano nunha final disputadísima

“Vai rematando esta Tempada de inverno chea de éxitos para estos atletas da Gándara, tanto no campo a través como na pista cuberta, despois de ser convocados coa selección galega e camiño de participar nos campionatos de España de pista cuberta no mes de marzo, proclamarse campioas e medallistas galegas é un orgullo para A Gándara” afirman desde a directiva do Club.

“Para un Club pequeno como o noso, estos atletas son un referente e un exemplo para as nenas e os nenos da nosa Escola de Atletismo, poder adestrar ao seu lado é unha motivación máis”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...