HomeDeportesXa se poden solicitar as axudas para clubs e entidades deportivas que...

Xa se poden solicitar as axudas para clubs e entidades deportivas que convoca Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O prazo comezou este luns 10 de marzo e rematará o vindeiro 21 do mesmo mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 7 de marzo publicábanse as bases para acceder ás subvencións de concorrencia competitiva para clubs e entidades deportivas da provincia de Lugo que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que conta cun orzamento total de 600.000 euros.

Os clubs teñen ata o 21 de marzo para solicitar as subvencións, dirixidas a financiar gastos relacionados coa actividade competitiva como a compra de material deportivo e equipacións, custos de transporte, fichas, arbitraxe, persoal ou alugueiro de instalacións, entre outros.

As axudas oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, o que supón un incremento de 1.000 euros no importe máximo, unha actualización derivada da concentración das axudas nunha única liña, fronte as dúas de convocatorias anteriores (actividade competitiva e eventos). Esta nova formulación mantén o investimento dirixido aos clubs, enfocándoo na actividade que desenvolven ao longo do ano.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para a concesión das axudas terande en conta criterios obxectivos vinculados ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,…), a incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), o ámbito territorial, os anos de creación da entidade ou o persoal contratado. Prímase, de forma trasversal, aos clubs con equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes.

As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...