HomeDeportes150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e...

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A competición dará comezo o sábado 15 ás 10 da mañá nas 6 pistas, con partidos simultáneos, e prevese a finalización entorno ás 5 da tarde, dependendo do que duren os partidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de Voleibol, Juan Carlos Suárez, o presidente do Club Korbis, Roberto Castro, o adestrador da sección masculina do Korbis, Miguel Ángel de la Gama, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, presentou a segunda proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se disputará no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela este sábado, 15 de marzo.

A Tenente de Alcalde destacou que “para o Concello de Monforte sempre é un pracer albergar eventos deportivos de categorías de base, pois como ben expresa o cartel que temos aquí deste Campionato, eles son as futuras estrelas, neste caso do volei galego, e por iso debemos apoialas”. O Concello de Monforte destina este ano máis de 150.000 euros en axudas ós clubes e entidades deportivas.

O director deportivo da Federación Galega de Voleibol resaltou o éxito en canto a participantes: prevese a presencia na cidade de máis de 150 nenos e nenas, e 30 equipos de categorías inferiores, que virán acompañados de adestradores, persoal técnico, árbitros, familiares e amigos, coa repercusión socioeconómica que isto supón.

Virán xogadores e xogadoras provintes de todos os puntos de Galicia, de concellos coma Rianxo, Lugo, Pontevedra, Ourense, de A Coruña ou Narón, entre moitos outros. Da provincia de Lugo ademais do Korbis participarán o EMEVÉ e o C.V. Ribeira Sacra.

O presidente do Korbis explicou que para o desenvolvemento deste campionato, instalaranse no Pavillón da Pinguela 6 pistas simultáneas. Os deportistas do Club Korbis colaborarán en labores de voluntariado e axudando á arbitraxe dos diferentes encontros.

ÚLTIMAS

World Central Kitchen: loxística gastronómica para combater os lumes de Quiroga

World Central Kitchen, ONG que se dedica a ofrecer comida ante crises humanitarias, climáticas...

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...