HomeDeportesMonforte estrea pistas de tenis con plataforma automatizada de alugueiro

Monforte estrea pistas de tenis con plataforma automatizada de alugueiro

Tal e como explicou o alcalde, “a partir de agora, aquelas persoas interesadas en alugar algunha das pistas de tenis municipais da Pinguela, poderano facer a través da plataforma de aluguer de Instalacións Deportivas Municipais SPORTTIA, que o Concello ten habilitada e que xa se estaba usando para alugar outras instalacións municipais como o Campo Municipal de Fútbol, Luis Bodegas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rematan as obras de reparación das pistas de tenis municipais consistentes na mellora do drenaxe e colocación dun novo pavimento así como o pintado das lineas de xogo. Unha vez rematada a instalación do novo pavimento, procedeuse á renovación do peche perimetral das instalacións de exterior.

Para finalizar coa remodelación das pistas, instalouse un sistema automatizado de alugueiro e apertura que permitirá ós usuarios facer unha reserva automática, en función das súas necesidades, podendo escoller día e hora para a utilización das mesmas.

En canto ós horarios e precios, as pistas estarán dispoñibles para o seu alugueiro, de luns a domingos entre as 9:00 h e as 23:00 h e o custe por hora de alugueiro e pista é de 3,09 € que o interesado deberá abonar no momento de realizar a reserva a través da pasarela de pagos habilitada para tal fin.

Esta actuación, tal e como explicou o alcalde, José Tomé, “enmárcase dentro do meu compromiso como Alcalde de transformar e mellorar o Concello de Monforte. Neste sentido, unha das zonas da Cidade que tivo unha transformación moi positiva é a zona da Pinguela, que coa mellora das rúas, o Parque Covas-Pinguela, o novo pavillón de deportes, a mellora de todo o espazo destinado a estacionamento, incluída a iluminación, e agora, a reforma integral das pistas de tenis, mellora moitísimo a súa calidade residencial que se completará xa de todo, coa finalización da reforma da piscina municipal”.

ÚLTIMAS

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...