HomeDeportes30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de...

30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

Participan en dez categorías e o resultado das votacións do xurado daranse a coñecer na Gala do Deporte con data aínda por establecer.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de anunciar as 30 candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das 10 categorías do “Concurso de Premios ao Deporte 2025”. O xurado terá agora que elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025.

O obxectivo, segundo palabras do Alcalde “é poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas e clubs da nosa cidade ó longo do ano, neste caso referido ó ano 2025. Afortunadamente, en Monforte temos deporte dun excelente nivel en moitas modalidades deportivas con clubs e deportistas individuais que acadan grandes resultados tanto a nivel rexional, como nacional e algúns incluso mundial e eses resultados son froito de moito esforzo e sacrificio, motivo polo que, dende o Concello, queremos premiar e recoñecer, todo o traballo que fan os nosos deportistas”.

XURADO E RESULTADOS DAS VOTACIÓNS

Os membros do xurado, que presidirá o Alcalde José Tomé, estará formado ademais polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán e catro persoas máis relacionadas co deporte local, provincial ou autonómico. Terán como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e escoller a cada un/unha dos/as galardoados/as.

O resultado das votacións do xurado darase a coñecer na Gala do Deporte con data que se coñecerá en vindeiras datas.

Para coñecer as candidaturas pódese acceder á información a través da páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...