HomeDeportesO 7 de setembro Monforte será meta de La Vuelta 2025

O 7 de setembro Monforte será meta de La Vuelta 2025

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou na cidade do Cabe xunto ao director de La Vuelta, Javier Guillén, esta proba ciclista que percorrerá a provincia ao seu paso por 9 concellos para rematar na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita deportiva co ciclismo que atravesará os concellos da Fonsagrada, Baleira, Castroverde, O Corgo, Láncara, Sarria, O Incio e Bóveda terá a localidade monfortina como meta, o 7 de setembro. A institución provincial achega 100.000€ para a celebración desta cita que terá este ano a Montaña e a Ribeira Sacra como protagonistas.

“Que Monforte volva a ser final de etapa nun evento do prestixio de La Vuelta non é casualidade. É o resultado dunha aposta firme e sostida da Deputación de Lugo polo deporte como motor de promoción territorial e desenvolvemento económico”, sinalou o mandatario provincial. Puxo en valor que “a través do patrocinio que vimos mantendo nos últimos anos, conseguimos que Lugo sexa un escenario habitual desta proba tan seguida en todo o mundo”.

Tomé Roca destacou que a etapa lucense será “longa e esixente, que discorrerá por paisaxes espectaculares da Montaña lucense e da comarca de Sarria antes de rematar aquí, en Monforte. Un percorrido que non só poñerá a proba a resistencia dos ciclistas, senón que tamén amosará ao mundo a beleza e a diversidade da nosa provincia”.

A proba mobiliza a máis de 3.000 persoas, entre organización, equipos e medios. O impacto económico directo estimado para a provincia, segundo os informes técnicos, supera os 1,9 M€ cun retorno total superior aos 3 millóns. “Isto sen contar o incalculable valor promocional de máis de tres horas de retransmisión televisiva en 190 países, cunha audiencia global de arredor de 400 millóns de persoas”, explica Tomé. “A presenza de La Vuelta aquí é, polo tanto, unha acción estratéxica de promoción turística, un investimento que reforza a nosa marca territorial. Este 7 de setembro, volveremos facer historia”.

Pola súa banda, Javier Guillén salientou que “a etapa 15 do 7 de setembro é unha etapa de domingo, algo moi importante para o seguimento in situ ou popular que poida ter. É unha etapa que vén nunha fin de semana moi cargada de montaña, precédenos Asturias, o venres co Angliru, cunha etapa de sábado coa Farrapona e unha etapa como esta, con dous portos de montaña desde o seu inicio, 170 quilómetros nos que non hai un só metro chan.”

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebra o ‘Orgullo Guímaro’

O Concello da Pobra do Brollón non fallará á súa cita co Día do...

Chantada incrementa os premios do II Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convoca o...

Agroma Sober-IGV reclama unha nova depuradora

Agroma Sober xa ten levado a pleno a situación da depuradora, e tal como...

O PP de Monforte denuncia a “falta de interese de Tomé” por manter a tadición do San Xoán nos Chaos

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte denuncian o “nulo interese” do...