HomeDeportesClub Quixós, segundo por equipos na competición de Promoción Slalom de Monforte

Club Quixós, segundo por equipos na competición de Promoción Slalom de Monforte

As promesas do equipo monfortino acadaron seis medallas individuais.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este domingo, 27 de xullo, tivo lugar nas tranquilas augas do Cabe ao seu paso polo Malecón, a 3ª Copa Promoción Slalom da Liga Galega. Na proba participaron uns 85 piragüistas de clubs chegados de diferentes lugares de Galicia como Dumbría, Mondariz, Tui e Tomiño. Competiron nas categorías, masculino e feminino, de Infantil C1, Infantil K1, Alevín K1, Alevín C1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1.

O club anfitrión, o Quixós, demostrou que segue estando aí, entre os mellores, tras acadar seis medallas a nivel individual e subir ao caixón dos mellores no segundo posto con 178 puntos. O primeiro posto foi para o Club Teixugos de Tomiño, con 247 puntos, e no terceiro lugar quedou o Club Piragüismo Penedo-Teimporta con 127.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixeron entrega das medallas e premios no Paseo do Malecón, a carón do Anchoas.

Podium por equipos da 3ª Copa Promoción Slalom Liga Galega. Foto: Concello de Monforte.
MEDALLAS INDIVIDUAIS DO CLUB QUIXÓS

Xoel Fernández, que participaba na categoría infantil, foi ouro en C-1 e prata en K-1. Antón Liñares, tamén cun dobrete, na categoría alevín levou dúas pratas: unha en C-1 e outra en K-1. Tamén acadaron metal, Manuel cun bronce en alevín K-1; e Breixo Fernández cunha prata en categoría Benxamín K-1.

Xoel Fernández facendo o percorrido da competición en C-1 / XdL

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...