HomeDeportes500.000€ da Xunta para mellorar o campo de fútbol da Ribela en...

500.000€ da Xunta para mellorar o campo de fútbol da Ribela en Sarria

As melloras centraranse na renovación do céspede artificial, a iluminación e o equipamento do Estadio Municipal da Ribela, no que xoga a SD Sarriana, co obxectivo de modernizar a instalación e garantir a súa funcionalidade e seguridade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, para trasladarlle o compromiso da Xunta para a realización de melloras no campo de fútbol da Ribela e garantir así o cumprimento dos estándares de calidade esixidos tras o ascenso do equipo local á segunda RFEF.

Segundo se acordou na xuntanza, na que tamén estiveron presentes os concelleiros Félix Seijas e Carmen José López, asinarase un convenio no que o Goberno galego achegará máis de 500.000 euros, o 70% do investimento total entre o proxecto e as obras, estimado en máis de 700.000 euros.

A medida enmárcase no apoio da Xunta ás administracións locais e, especialmente, ás infraestruturas deportivas de carácter municipal. Así, o Goberno galego conta con diferentes liñas de axuda dirixidas especificamente á mellora destas infraestruturas ou que lle dan prioridade nos criterios de valoración. Trátase de garantir unhas instalacións coas mellores condicións de calidade, tanto para os deportistas como para as persoas afeccionadas, e fomentar así a práctica e o desfrute do deporte en Galicia.

Nesta liña, a Xunta impulsou en 2024 máis de 400 actuacións en instalacións deportivas, tanto de titularidade autonómica como municipal, cun orzamento global de 22 millóns de euros a través de axudas da Secretaría Xeral para o Deporte e de liñas específicas de apoio ás administracións locais.

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...