HomeDeportesSarria celebra a Noite Meiga e remata o torneo de baloncesto 3x3

Sarria celebra a Noite Meiga e remata o torneo de baloncesto 3×3

Durante este venres e hoxe, sábado, a Praza da Vila de Sarria acolle a celebración do torneo de baloncesto 3x3 Noite Meiga organizado polo CB Sarria contando coa colaboración da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a celebración do torneo cóntase con dúas pistas 3×3 oficiais e con árbitros colexiados, speaker e DJs. A programación inclúe concurso de triples e partidos nocturnos. O encontro está dividido en tres categorías, unha senior, unha cadete e infantil mixta e outra de minibasket mixto.

O delegado territorial, Javier Arias, enxalza o labor do CB Sarria en favor da promoción do baloncesto e do deporte de base entre a poboación, en especial entre os máis pequenos.

Este sábado, dentro da programación da Noite Meiga cóntase coa animación musical da Banda de Música da Comarca de Sarria, dos grupos de danza de Meigas e Trasgos, e D´Crooners Band. Haberá ademais concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que patrocina a Xunta de Galicia, como a Vicepresidencia da Deputación fixo cos concertos do venres.

Na madrugada deste sábado celebrarase a tradicional Danza da Noite Meiga, o epicentro desta festa. O domingo está dedicado aos máis cativos, coa “Tardiña meiga”.

Noite Meiga / Asociación Cultural Meigas e Trasgos

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...