HomeDeportesUcoga Seguros CB Chantada anuncia a continuidade do seu dúo técnico

Ucoga Seguros CB Chantada anuncia a continuidade do seu dúo técnico

Alberto Fafián seguirá como adestrador principal e Alberto Gómez, ‘Albertito’, como segundo adestrador unha tempada máis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fafián, chantadino de nacemento, afronta así a súa 19ª tempada consecutiva á fronte do equipo, consolidándose como unha das figuras máis emblemáticas do club. Durante case dúas décadas, Fafián ten liderado o CB Chantada con traballo, paixón e compromiso, construíndo un proxecto deportivo sólido e respectado no baloncesto galego.

Por outra banda, ‘Albertito’ Gómez, que tamén foi xogador do CB Chantada e posteriormente adestrador principal, segue sendo a man dereita de Fafián unha tempada máis. A súa experiencia e coñecemento do club son un gran apoio para manter a estabilidade e o crecemento do equipo.

“A continuidade deste tándem garante que o proxecto do Ucoga Seguros CB Chantada manteña o rumbo, cun equipo con gañas de competir e un baloncesto que emocione á afección”, conclúe o club.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...