HomesociedadeO 7 de setembro Trail Andaina Capela do San Vitoiro, na Pobra...

O 7 de setembro Trail Andaina Capela do San Vitoiro, na Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acollerá o domingo día 7 de setembro a cuarta edición do Trail e Andaina Capela do San Vitoiro, unha cita deportiva referente neste municipio, con saída e meta na área recreativa de Samugueiros e acadando o seu punto máis alto no miradoiro Pena do Santo, a carón da capela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita deportiva está organizada polo Concello da Pobra do Brollón coa colaboración dunha trintena de voluntarios, o Trail longo conta cunha distancia de 28 quilómetros e un desnivel positivo de 1.100 metros aproximadamente, chegando a acumular 2.200 totais. Existe tamén unha modalidade de minitrail, cun traxecto de 14 quilómetros e un desnivel positivo de 450 metros.

Pola súa banda, os participantes na andaina, considerada de dificultade media-baixa, poderán escoller entre completar 14 quilómetros ou acurtar a 9, en función da súa forma física.

A proba comezará ás 9.30 horas coa saída do Trail longo, 15 minutos despois será a quenda da andaina e ás 10.15 partirá o minitrail. Polo camiño, haberá puntos de avituallamento, ademais duns petiscos ao remate na área recreativa, con zona de baño.

Cóntase cun 200 inscritos entre os que se atopa, Uxía Fernández García, gañadora feminina no Trail longo na edición do pasado ano, que aspira a revalidar o título, así como Salvador Fernández Rico, segundo clasificado no minitrail.

Haberá premios para os tres primeiros de cada categoría, tanto masculino como feminino, ademais de trofeos para os mellores atletas da comarca de Lemos. A andaina ten carácter non competitivo, pero os inscritos tamén entrarán nun sorteo de agasallos, tales como botellas de viño ou estancia nunha casa de turismo rural. Os organizadores agradecen a axuda dunhas 25 empresas colaboradoras e animan a veciños, veciñas e visitantes a achegarse ata A Pobra para gozar dunha xornada de deporte, natureza e convivencia

Trail capela san vitoiro

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...