HomeDeportesDispositivo de tráfico en Monforte coa chegada de La Vuelta este 7...

Dispositivo de tráfico en Monforte coa chegada de La Vuelta este 7 de setembro

O Concello de Monforte e a Policía Local, en coordinación cos responsables de La Vuelta deseñaron un dispositivo de tráfico que permita o axeitado transcurso da carreira por diversas rúas de Monforte, ata a chegada a meta, situada na rúa Escultor Francisco Moure, á altura do Bar Cristal, diante dos Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O estacionamento queda suprimido este sábado, 6 de setembro, todo o día e toda a noite e o domingo 7 ata a finalización do evento, que se prevé arredor das 17.30 horas, en todas as vías de paso da proba: R/Morín,  R/Dr. Casares ata cruce de R/San Pedro, Rolda María Emilia Casas Baamonde (Circunvalación), R/Chantada ata a glorieta do Hórreo, Avenida de Galicia, R/Celso Emilio Ferreiro e R/Escultor Francisco Moure, e sobre as 22.00 horas nas rúas nas que hai instalacións de meta.

Non se poderá aparcar, tamén desde este sábado nas rúas que albergarán as instalacións de La Vuelta: R/Sarria, R/Dalmiro de la Válgoma, Paseo de Lugo, R/Compañía e R/Cardenal.

Tampouco poderán ser utilizados polos usuarios neste período de tempo os estacionamentos públicos do Parque dos Condes, R/Sarria e Praza do Conde (Xulgados/Antiga Casa Espinosa).

Unha vez pase a carreira ciclista, poderase estacionar novamente coas seguintes excepcións: O último quilómetro antes da meta (Avenida de Galicia desde aproximadamente Rúa Malloadas, ata o final, rúa Celso Emilio Ferreiro) e a Praza do Conde, ata que a organización do evento retire os valos do tramo, o que se prevé sobre as 21.00 horas do domingo día 7.

Na zona de meta (Rúa Francisco Moure ata o paso a nivel, Compañía, Paseo de Lugo e Dalmiro de la Válgoma) poderase aparcar en canto se retiren as instalación do evento, arredor das 22.00 horas. Tamén desde as 22.00h prevese que queden abertos os estacionamentos do Parque dos Condes e Rúa Sarria, unha vez retiradas todas as instalacións e vehículos da Vuelta.

Cortes de tráfico

O tráfico rodado cortarase progresivamente desde o sábado 6 de setembro ás 20.00 horas nas rúas afectadas polas instalacións de meta ata a finalización da carreira o domingo. Durante os horarios de corte de tráfico, non se poderá facer uso dos garaxes das rúas afectadas:

  • Desde as 20.00 horas do sábado 6 ata a desmontaxe das instalacións de meta, que se prevé sobre as 22.30  horas . Cortarase o tramo da rúa Escultor Francisco Moure comprendido entre o nº1 ata o enlace con Dalmiro de la Válgoma. O tráfico en sentido saída da cidade, seguirá pola rúa Compañía, e o de entrada en dirección centro cidade faráse por Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Galicia. Neste período, Dalmiro de la Válgoma terá dobre dirección.
  • Desde as 00.00  horas do domingo 7 ata a desmontaxe das instalacións previstas, que se prevé sobre as 22.00 horas.  Cortarase o tráfico na rúa Compañía desde a Glorieta da Ponte Fontecha, Francisco Moure ata o enlace coa rúa Celso Emilio Ferreiro e Dalmiro de la Válgoma. Tamén se pechará o tráfico en xeral a rúa Sárria, manténdose únicamente aberta para o servizo de residentes. Non obstante, en función do avance da montaxe da estructura de meta e demáis instalacións previstas nesta zona, a hora de peche poderá retrasarse mentres os traballos permitan o mantemento da circulación.
  • Desde  as 14.00 horas do domingo 7 ata o paso da carreira, na Avenida de Galicia (desde cruce con Roberto Baamonde) ata o final e Celso Emilio Ferreiro, e naquelas cuxo acceso de entrada ou saída realícese mediante conexión coas mesmas (R/Conde, R/Mallodadas,  R/Sarria, R/Poeta Lois Pereiro, R/Otero Pedrayo no novo tramo urbanizado lateral á rúa Celso Emilio Ferreiro á altura do nº 56-58).
  • Desde as 15.00  horas ata a finalización da carreira, nas rúas Morín, Doutor Casares (ata o cruce con San Pedro), Circunvalación, Chantada (ata a glorieta do Hórreo), e o tramo da Avenida de Galicia desde a rúa Ourense ata Roberto Baamonde, e todas aquelas vías cuxo acceso de entrada ou saída realícese mediante conexión coas mesma.

O Alcalde agradece “a colaboración de todos os veciños e veciñas de Monforte, así como dos propietarios de establecementos comercias afectados por estas medidas, cuxa adopción está motivada pola magnitude deste evento deportivo e da gran transcendencia que terá para a nosa cidade, medidas que teñen como finalidade garantir a seguridade de todos os participantes e o bo desenvolvemento da proba ciclista”.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...