HomeDeportesO 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela...

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Para poder acceder a calquera das modalidades de abono será necesario satisfacer previamente unha matrícula de 25€. Todas as persoas que foran socias da piscina no momento do seu peche antes da reforma estarán exentos do pago desta matrícula

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de Monforte. As persoas interesadas en darse de alta nalgún dos servizos que se prestan na instalación deportiva, poderano facer a partir desta data no horario de apertura do centro deportivo, de luns a venres de 7:30 a 14:00 h.e de 15:00 a 23:00h. Os sábados de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00h e os domingos de 10:30 a 14:30 h

As modalidades de abono dispoñibles así como os seu prezos son as seguintes:

TIPO DE ABONO€/MES€/TRIM€/SEM€/ANO
INDIVIDUAL3598175278
FAMILIAR 2 MEMBROS41113206319
FAMILIAR 3 MEMBROS45129237360
FAMILIAR 4 MEMBROS51144268401
FAMILIAR +4 MEMBROS56160299441
3ª IDADE INDIVIDUAL215798153
3ª IDADE 2 MEMBROS3182144237
XOVE2977134226

A documentación que haberá que aportar para facerse socio/a é a seguinte:          

•   Copia do DNI ou NIE. No caso de ser abono familiar, copia do DNI ou NIE de todos os beneficiarios do abono e libro de familia. En caso de parella de feito deberase presentar fotocopia da inscrición no rexistro de parellas de feito.

•   Certificado de titularidade de conta bancaria ou orde de domiciliación debidamente cuberto e asinado polo banco. En caso de que a persoa titular do número de conta non se corresponda coa persoa que se vai a inscribir, fotocopia do DNI ou NIE do titular da conta e orde de domiciliación.

Cursos de natación

Os días 3, 4 e 5 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 h. realizaranse as probas de nivel para a oferta de cursos de idade infantil e nenos. Todas as persoas interesadas poderán acudir á piscina a realizar esta proba.

Os prazos de matrícula nos diferentes cursos de natación ofertados son os seguintes:

•   Prazo de matrícula para abonados/as: días 6 e 7 de novembro

•   Prazo de matrícula para non abonados/as: 10 e 11 de novembro

Inicio dos cursos de natación

Os cursos de natación comezarán a impartirse o 17 de novembro e a oferta e horarios son os seguintes:

CURSOINICIO CURSOFIN CURSODIAS
INFANTIL  I17:0017:45LUNS / MÉRCORES
INFANTIL  II17:4518:30LUNS / MÉRCORES
NENOS I17:4518:30LUNS / MÉRCORES
NENOS 018:3019:15LUNS / MÉRCORES
INFANTIL 018:3019:15LUNS / MÉRCORES
NENOS II19:1520:00LUNS / MÉRCORES
NENOS O17:0017:45MARTES / XOVES
NENOS I17:0017:45MARTES / XOVES
INFANTIL  I17:4518:30MARTES / XOVES
NENOS I17:4518:30MARTES / XOVES
INFANTIL 018:3019:15MARTES / XOVES
INFANTIL II18:3019:15MARTES / XOVES
NENOS II19:1520:00MARTES / XOVES
BEBES I17:0017:45LUNS / MÉRCORES
BEBES I19:1520:00LUNS / MÉRCORES
BEBES 019:1520:00MARTES / XOVES
ADULTOS I/P8:008:45LUNS / MÉRCORES
ADULTOS I/P9:1510:00LUNS / MÉRCORES
ADULTOS I/P20:3021:15LUNS / MÉRCORES
ADULTOS I/P21:1522:00LUNS / MÉRCORES
ADULTOS I/P20:3021:15MARTES / XOVES
ADULTOS I/P21:1522:00MARTES / XOVES
XIMNASIA ACUATICA10:0010:45LUNS / MÉRCORES
XIMNASIA ACUATICA10:0010:45MARTES / XOVES

O custe dos diferentes cursos ofertados é o seguinte:

TIPO DE CURSOTARIFA TRIMESTRAL
ABONADO/ANON ABONADO/A
BEBÉS (entre 6 meses e 2 anos)46 €93 €
INFANTIL (entre 3 e 5 anos36 €72 €
NENOS (entre 6 e 15 anos)34 €68 €
INICIACIÓN A PARTIR DE 16 ANOS46 €93 €
PERFECCIONAMENTO A PARTIR DE 16 ANOS46 €93 €
NATACIÓN ESCOLAR ALUMNO25 €25 €
TIPO DE CURSOTARIFA MENSUAL
ABONADO/ANON ABONADO/A
XIMNASIA ACUÁTICA (a partir de 16 anos)1633

Natación escolar

Os centros educativos, ANPAS e asociacións de Monforte tamén poderán solicitar a actividade de natación escolar para os seus alumnos/as. Os Centros educativos, ANPAS e asociacións de Monforte: do 3 ao 7 de novembro. Os Centros educativos, ANPAS e asociacións que non sexan de Monforte: do 10 ao 14 de novembro.

Tal e como explicou o Alcalde, o Ximnasio está pendente de equipamento á espera de que se resolvan os recursos interpostos por parte de dúas empresas que se presentaron á licitación para a adquisición da maquinaria. Polo tanto, o Concello terá que esperar a que se resolvan ditos recursos para poder equipar esta instalación deportiva e poñela en servizo.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...