HomeDeportesMonforte busca a excelencia deportiva

Monforte busca a excelencia deportiva

O Concello de Monforte convoca a sétima edición do concurso para elixir aos atletas e clubes máis destacados do ano 2018.

Publicado o

- Advertisement -

A convocatoria recolle as seguintes categorías, Mellor deportista, masculino e feminino, Mellor deportista promesa, masculino e feminino, Mellor adestrador ou adestradora, Mellor árbitro ou xuíz, Entidade deportiva ou clube máis distinguido en canto á promoción do deporte durante o ano 2018 e Premio á deportividade e ó xogo limpo. A convocatoria establece a categoría de  Excelencia Deportiva que poderá conceder o xurado cualificador a aqueles candidatos que teñan un historial e uns méritos deportivos sobresaíntes.

As candidaturas poderán ser presentadas polos propios candidatos ou por terceiras persoas, estando o prazo aberto ata o 22 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello.

As solicitudes deberán conter, obrigatoriamente, a seguinte documentación:

  • Instancia de solicitude asinada polo interesado.
  • No caso de optar ó premio de mellor deportista, absoluto ou promesa, e mellor adestrador,relación detallada dos logros deportivos conseguidos durante o ano 2018.
  • No caso de optar ao premio a mellor árbitro, debe aportarse a relación detallada da súa actividade durante o ano 2018.
  • Os clubes e entidades deportivas que opten ó premio á promoción do deporte deberán facer unha exposición de motivos na que consten as razóns polas que son merecedores do galardón.
  • Para participar na categoría de premio á deportividade e ó xogo limpo, cómpre entregar unha memoria explicativa das actitudes de autoestima, cooperación, responsabilidade e tolerancia no deporte.
  • Reportaxe fotográfica ou audiovisual dos atletas ou clubs participantes, en formato dixital.

En cada unha das categorías haberá un único vencedor que recibirá un trofeo acreditativo e todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo  do concurso. As candidaturas publicarase cando remate o prazo de solicitudes e os vencedores de cada categoría daranse a coñecer na Gala do Deporte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...