HomeDeportesO Club Neka proclámase Campión Galego na Pinguela

O Club Neka proclámase Campión Galego na Pinguela

O Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo que tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal da Pinguela e que se pechou o sábado coa entrega de medallas, tivo ao Club de taekwondo local como campión absoluto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Campionato no que participan deportistas desde 12 anos de idade, reuniu en Monforte arredor de 200 taekwondistas procedentes de toda Galicia e este foi o terceiro ano que o Club Neka se proclama Campión Absoluto de Galicia. Trátase dun evento de moita relevancia neste deporte, xa que os gañadores pasan a formar parte da Selección Galega de Taekwondo e poderán participar en eventos de ámbito nacional. Entre eles, o Campeonato de España que se celebrará o vindeiro 21 de febreiro en Sevilla, puntuable para competir no mundial que se disputará en Corea no mes de setembro deste ano.

O Concello de Monforte foi un dos principais patrocinadores deste evento deportivo coa aportación dos trofeos, o traslado dos tapices e a cesión do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela. O director deporitivo do Ximnasio Neka, José María Vega, agradeceu esta colaboración fundamental para que Monforte poida acoller un evento deportivo destas características.

No Campionato participaron 16 taekwondistas monfortinos do Club Neka que sumaron 15 medallas e os premios á Mellor Deportista do Campionato en categorías femininas, que recaeu en Laura Álvarez, e ao Mellor Deportista do Campionato en masculino, que foi para Álex Camba.

OURO:

  • Individuais: Álex Camba e Laura Álvarez.
  • Parellas: Laura Álvarez e Dani Arean; Alicia Castro co seu compañeiro de selección Hugo Arnoso, de Sada.
  • Tríos: Álex Camba, Carlos Rey e Marco García; Lucía Roca coas compañeiras do Tao de Vigo Uxía Calvo e Lucía Losada; e Alan Bustamante cos compañeiros de Sada Iván e Miguel.

PRATA:

  • Individual: Alicia Castro
  • Trío: Inés Casal coas compañeiras do Patiño de Moaña Sira y Valeria

BRONCES:

  • Individuais: Marco García, Daniel Arean, Aron González, Lucía Roca e Inés Casal.
  • Trío: Rosa Olmo coas compañeiras de Hebe Sara e Aysha.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...