HomeDeportesAberto o prazo de inscrición na XVI Carreira Popular de Monforte, que...

Aberto o prazo de inscrición na XVI Carreira Popular de Monforte, que se celebrará o 26 de abril

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará co seu tradicional percorrido de 10 km para a carreira absoluta, así como percorridos para as carreiras de categorías menores, en función da idade das persoas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata o 21 de abril todas as persoas que o desexen poden inscribirse de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web www.monforte10k.com. Os centros educativos de Monforte, teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 14 de abril. Neste caso, o Concello fará entrega con antelación dos dorsais aos alumnos participantes nos propios centros de ensino.

A carreira absoluta, de 10.000 metros, discorrerá por un percorrido completamente urbano polas rúas máis céntricas da cidade. Así mesmo, establécense catro probas dirixidas a menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avenida de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avenida de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km no que os corredores e corredoras terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Premios

Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.

  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
    • 1º clasificado: 300 €
    • 1ª clasificada: 300 €
    • 2º clasificado: 200 €
    • 2ª clasificada: 200 €
    • 3º clasificado: 100 €
    • 3ª clasificada: 100 €
  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as  en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ao finalizar a carreira, así como un agasallo conmemorativo do evento.

A entrega de dorsais individuais realizarase na Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía): Venres 24 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Sábado 25 de abril: de 9:00 a 14:00 h. Haberá tamén puntos de recollida fóra de Monforte para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.

Envío do dorsal a domicilio: Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...