HomeDeportesO luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

A posta en funcionamento deste servizo prodúcese unha vez finalizados os traballos de subministro e montaxe do novo equipamento deportivo, adxudicado por un importe de 106.791,98€ á empresa Jonhson Health Technologies SL..

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela, que comezou no 2023 coa reforma integral do Pavillón Polideportivo e continuou coa nova Piscina Municipal, inaugurada en outubro de 2025. En breve redactaranse as bases para a xestión da cafetería que dará servizo a todo o complexo deportivo co fin de licitar o contrato nos próximos días.

O novo ximnasio, situado na zona sur da edificación, conta cunha superficie útil de 300 m2 distribuídas en cinco zonas de adestramento:

  • Zona Cardiovascular, composta por 5 cintas, 3 elípticas, 6 bicicletas verticais e 1 bicicleta horizontal, todas elas orientadas cara unha ampla cristaleira  con vistas ao exterior co fin de facer máis agradable a práctica deportiva.
  • Zona de máquinas de musculación selectorizadas, que permiten aos usuarios seleccionar o peso a través da pila de pesos dispoñible na máquina. Esta zona está composta por:
  • Prensa de pernas horizontal
  • Extensión de cuádriceps
  • Femoral sentado
  • Máquina dual contractora de pectoral e espalda alta
  • Press de peito
  • Press de ombreiro
  • Pull de espalda
  • Curl de bíceps
  • Extensión de tríceps
  • Multicadeira
  • Multiestación de poleas con 4 estacións
  • Zona de peso libre, composta por:
  • Press banca plano
  • Press superior
  • Press de ombreiro
  • Multipower
  • Banco scott para biceps
  • 4 bancos regulables
  • Halteras de diferentes pesos
  • Zona de adestramento funcional composta por tres módulos que incorporan 2 poleas regulables en altura, 3 barras de dominadas multiagarre e anclaxes estáticos a diferentes alturas para realizar multitude de exercicios. Esta zona funcional complétase con material diverso, como balóns funcionais e kettlebells de diferentes pesos, gomas elásticas de diferentes resistencias, fitballs, bosu e TRX.
  • Zona de estiramentos dotada con 18 colchonetas.

Ademais do subministro de máquinas de musculación e cardiovasculares, adxudicado á empresa Jonhson Health Technologies SL, o Concello de Monforte completou o equipamento do Ximnasio Municipal coa dotación de espellos na zona de peso libre, pequeno material funxible de adestramento e un reloxo dixital, que suman unha aportación de 7.253,12€.

A inversión completa no equipamento do Ximnasio Municipal ascende así a 114.000€.

    Un monitor encargado do Ximnasio de luns a venres

    O Ximnasio Municipal manterá o mesmo horario de apertura que a Piscina Municipal, como xa acontecía antes da remodelación integral das instalacións. Deste xeito, o horario será o seguinte:

    • Luns a venres: de 7:30 a 14:00h. e de 15:00 a 23:00h.
    • Sábados: de 10:00 a 14:00h.
    • Domingos e festivos: de 10:30 a 14:30h.

    Outra das novidades que incorpora o Ximnasio Municipal é a presenza dun monitor encargado de velar polo bo funcionamento da sala, así como de asesorar sobre o funcionamento dos diferentes equipos a todas aquelas persoas usuarias que o precisen.

    ÚLTIMAS

    OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

    QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

    “As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

    A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

    Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

    A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

    Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

    O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...