HomeDeportesSabela Nieves Rodríguez, do Club Atletismo A Gándara, subcampioa galega

Sabela Nieves Rodríguez, do Club Atletismo A Gándara, subcampioa galega

A atleta, con orixes no Saviñao, acadou a medalla de prata na proba de 3.000 metros do Campionato galego sub18 celebrado a pasada fin de semana na pista de atletismo cuberta de Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Atletismo A Gándara de Monforte de Lemos celebra un novo éxito deportivo grazas a unha das súas atletas con maior progresión: Sabela Nieves Rodríguez. A deportista vén de acadar a pasada fin de semana en Ourense o subcampionato galego sub18 na proba de 3000 metros.

Entre as mellores fondistas galegas da categoría, “Sabela destacou cunha carreira intelixente, constante e valente, que lle permitiu asegurar unha praza de honra no podio autonómico. Este resultado consolida a súa progresión deportiva e reforza o traballo que o club vén desenvolvendo na formación de atletas de base”, comenta Rubén Castro, do Club Atletismo A Gándara. Así mesmo, e en nome do club, aproveita para “felicitar a Sabela polo seu esforzo, dedicación e espírito competitivo, así como agradecer o apoio das súas familias, adestradores e entidades colaboradoras, que fan posible seguir impulsando o atletismo na comarca de Lemos”.

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Do día 6 ao 8 de marzo o club contará cunha ampla representación en dous eventos estatais de máximo nivel.

Por unha banda, Sara Pérez Pallín e Mencía Álvarez Velasco competirán no Campionato de España Sub16 de Pista Curta, que se celebrará en Salamanca. “Ambas atletas chegan nun bo momento de forma e afrontan esta cita como unha oportunidade para seguir medrando deportivamente e medir o seu nivel entre as mellores especialistas do país”, explican dende o club.

  • E por outra, Ramiro Méndez participará no Campionato de España Máster, proba que terá lugar en Antequera. “O atleta monfortino continúa demostrando unha traxectoria sólida e constante, e esta nova clasificación para un campionato estatal supón un recoñecemento ao seu traballo e compromiso”, refiren do Club Atletismo A Gándara.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...