HomeDeportesA canteira monfortina de voleibol segue dando froitos

A canteira monfortina de voleibol segue dando froitos

A xogadora do Club Korbis Antía Pérez debutou coa selección galega o pasado luns nun torneo bilateral en Viana do Castelo.

Publicado o

- Advertisement -

Antía xoga no cadete do coñecido Club Korbis de Monforte e esta fin de semana disputará co seu equipo a promoción de ascenso á 1ª división galega.

A convocatoria coa selección española foi unha grata sorpresa tanto para ela como para o seu adestrador, Roberto Castro, quen recibiu a noticia tras a chamada do seleccionador galego Charly Suárez.

A xogadora monfortina ocupa a posición de líbero e o seu punto forte é a liña defensiva. Comezou a xogar no equipo dos Escolapios, co que foi subcampiona provincial federada en 2016 e demostrando xa ter altas capacidades para este deporte.  A temporada seguinte en categoría infantil, e xa no Korbis, foi unha das xogadoras destacadas e determinante para acadar o ascenso a 1ª división.

No Club Korbis non ocultan a súa satisfacción con esta convocatoria. Un éxito máis que cómpre sumar a outras convocatorias non menos importantes como a das infantís Carla, Laura, Sari e Aisha; ou a dos xogadores David e Luis Cota.

ÚLTIMAS

‘Denantes sen pé que de xeonllos’, lema do cartaz da X Feira Guímara

Dende hai uns días xa se coñece a obra gañadora do certame de carteis...

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...