HomeDeportesAxudas para deportistas individuais da provincia de Lugo

Axudas para deportistas individuais da provincia de Lugo

Prazo aberto ata o 1 de abril con contías que van dos 300 aos 1.500 euros grazas ao compromiso económico da Deputación que achega un montante total de 85.500 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo as bases, as bolsas ofertadas teñen por obxecto cubrir os custos e considéranse beneficiarios/as das mesmas as persoas físicas que sexan deportistas federados/as, de calquera categoría, exclusivamente de modalidades deportivas individuais, debendo ter ademais a nacionalidade española e residir legalmente nalgún dos municipios da provincia de Lugo.

O prazo para solicitar as axudas atópase aberto dende a publicación das bases no BOP do 9 de marzo e rematará o vindeiro 1 de abril. O importe total das mesmas ascende a 85.500 euros con contías individualizadas que van dos 300 aos 1.500 euros dependendo dos casos concretos que se contemplan.

Na súa concesión, teranse en conta aspectos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, así mesmo valóranse a integración grazas as bolsas dedicadas integramente a deportistas con capacidades diferentes.

axudas a entidades deportivas

Como xa informamos días atrás, tamén está aberto o prazo para a solicitude de axudas a entidades deportivas ata este venres, 15 de marzo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...