HomeDeportesNuria López, unha deportista de bandeira para O Saviñao

Nuria López, unha deportista de bandeira para O Saviñao

Esta atleta leva tres anos sendo campioa de España de atletismo en cadeira de rodas e vén de acadar varias medallas de ouro ademais de bater o récord de España na modalidade de 100 metros.

Publicado o

- Advertisement -

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves á atleta do Saviñao, Nuria López Fernández, no Pazo de San Marcos. O acto serviu para recoñecerlle os últimos logros no Campionato de España de Atletismo Adaptado pois foi quen de levar o ouro en 200, 400 e 100 metros. Ademais, nesta última modalidade bateu o récord de España.

Nuria López, veciña da parroquia de Licín, no Concello do Saviñao, leva catro anos practicando o atletismo. Mentres pasaba unha mala racha, decidiu comezar a correr, pouco a pouco foi probándose a si mesma, facendo máis quilómetros e esforzándose por superarse. A súa primeira participación nunha carreira tamén foi un xeito de probar ata onde podía chegar, e rematou segunda. Dende este momento, a súa é unha historia de evolución constante e éxitos, ata chegar ao máis alto dos podios españois. Segundo confesa, para ela o deporte é moi beneficioso para todas as persoas con capacidades diferentes, e no seu caso recoñece que foi moi importante para darlle equilibrio físico e psicolóxico á súa vida.

A tres veces gañadora a nivel estatal de atletismo en cadeira de rodas céntrase agora na vindeira meta que será a participación en maio no Grand Prix Nottwil, en Suíza. Será un novo e difícil reto por ser unha das pistas máis rápidas do mundo e unha proba determinante para asegurar a participación no mundial que terá lugar en novembro en Dubai.

Rivera Capón destacou o gran potencial do deporte lugués, e tamén que “desde as institucións temos a obriga de loitar contra todas as barreiras, tamén no deporte, para lograr a plena inclusión de persoas con  mobilidade reducida e capacidades diferentes. Nuria é un exemplo para todas as persoas, co seu esforzo e dedicación converteuse nunha gran campioa”.

Segundo temos informado en días anteriores, ata o 1 de abril segue aberto o prazo para solicitar axudas da Deputación Provincial de Lugo para deportistas individuais.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...