HomeDeportesGran representación monfortina nas seleccións galegas de Volei

Gran representación monfortina nas seleccións galegas de Volei

A Concentración Galega de Voleibol de Semana Santa, que terá lugar en Quiroga, contará con tres xogadoras do CV Ribeira Sacra e sete xogadores/as do CV Korbis.

Publicado o

- Advertisement -

Os Seleccionadores Galegos empezan a conformar as diferentes categorías acoutando o número de convocados/as para sacar a lista definitiva que no mes de xuño representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións.

O CV Ribeira Sacra pasa de non ter convocada ningunha xogadora a ser tres as que formen parte desta penúltima convocatoria de Semana Santa que terá lugar en Quiroga. Pola súa parte o CV Korbis aportará sete deportistas demostrando tamén o seu potencial e que están a traballar a pleno rendemento.

No caso do CV Ribeira Sacra as xogadoras elixidas son Nerea Fontal, Carolina Camino e María Lamelas. Nerea Fontal ten gran potencial en ataque, especialmente nos ataques rápidos polo centro e destaca tamén no bloqueo. Carolina Camino, unha referencia para a selección, destaca na súa capacidade de definición de ataque pola punta e tamén na súa mellorada recepción e defensa, así como na potencia de bloqueo. A terceira incorporación é María Lamelas procedente do CV Oleiros pero actualmente no Ribeira Sacra, ocupa o posto de Líbero, destaca pola súa gran capacidade defensiva e ten un futuro prometedor pois aínda se atopa no seu primeiro ano da categoría.

Na mesma concentración das selección galegas de Semana Santa en Quiroga o CV Korbis monfortino acudirá con sete xogadores/as: Anier Mariño, Luis Cota, Carla Hernández, Laura Díaz e Sari Traveso na categoría de infantil, e Antía Pérez e David López na categoría cadete.

Dende o club sinalan que “o traballo realizado pos todos os nosos deportistas dá lugar a que algún dos seus compañeiros/as podan celebrar estes premios de maneira individual. Se non fose por ese traballo colectivo, non poderían acadar o seu obxectivo”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...