HomeEconomía19 emprendedores da Ribeira Sacra aspiran a 'futuros empresarios'

19 emprendedores da Ribeira Sacra aspiran a ‘futuros empresarios’

Monforte acolleu este pasado 18 de xullo a presentación das iniciativas emprendedoras desenvoltas na aceleradora na que colaboraron Xunta e Escola de Organización Industrial (EOI).

Publicado o

- Advertisement -

O Centro Cívico de Monforte de Lemos acolleu esta presentación de proxectos que foron impulsados con asesoramento profesional na cuarta edición do coworking da Ribeira Sacra. Detrás deste programa de emprendemento estiveron a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, a Escola de Organización Industrial (EOI) e o Fondo Social Europeo (FSE) participando no seu financiamento.

Representando os proxectos estaban 19 emprendedores que recibiron formación e asesoramento persoal e a medida para o desenvolvemento dos seus plans empresariais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na clausura do acto de presentación das iniciativas, nas que os ‘futuros empresarios’ optaron pola oferta de servizos e produtos en diferentes ámbitos de actividade. Neste sentido cómpre salientar que as liñas de traballo van dirixidas á valorización de recursos do territorio, ao turismo activo, á hostalería e a agroalimentación sostible; aos servizos tecnolóxicos e formativos apoiados nas TIC; ás iniciativas do ámbito do márketing; á produción e promoción musical; ao benestar e a saúde; e ao deseño de espazos e moda especializada.

Nas catro convocatorias deste programa emprendedor levan participado ata o momento máis de 96 emprendedores con 82 proxectos, dos cales 28 xa iniciaron a súa actividade empresarial. As iniciativas que tiran adiante despois da formación e asesoramento inicial non son as desexables en canto a número pero polo de agora importa que se contaxie o entusiasmo emprendedor e que se fomente a circulación de coñecementos.

Este apoio da Xunta para o fomento do espírito emprendedor, sobre todo nos concellos do rural, súmase aos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, que a través das súas últimas convocatorias achegarán axudas por valor de 9 millóns de euros a 200 proxectos de autónomos e emprendedores para mobilizar investimentos que superarán os 24 millóns de euros. Ademais, as iniciativas empresariais de nova creación teñen á súa disposición apoios ao financiamento, como o programa de Instrumentos Financeiros. Innovadores (IFIs) do Igape ou o Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras xestionado por XesGalicia.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...