HomeEconomíaA Xunta apoiará a internacionalización da D.O. Ribeira Sacra

A Xunta apoiará a internacionalización da D.O. Ribeira Sacra

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 90.000 euros ao apoio da promoción no exterior dos produtos vinícolas da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Durante o ano 2018 as exportacións dos viños cultivados baixo a D.O. Ribeira Sacra medraron un 16%, superando os 200.000 litros. Isto dá fe do éxito crecente que están a colleitar estes viños fóra das nosas fronteiras. O principal mercado para estes produtos é dos Estados Unidos, pero existen outros cunha importancia cada vez maior, como os de Finlandia, Rusia, Irlanda e China.

Dado que o do viño é un dos sectores estratéxicos da economía lucense e tras observar o seu potencial exportador, a Consellería de Economía, Emprego e Industria decidiu apoiar con algo máis de 90.000 euros os esforzos de dúas asociacións para a súa internacionalización. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra e a Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño recibirán 14.800 e 75.400 euros respectivamente para a internacionalización e promoción exterior do viño da Ribeira Sacra.

Estas axudas están dentro do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que depende do Igape. Segundo afirmou o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, este programa busca incrementar as alianzas comerciais das empresas galegas no exterior e ampliar as posibilidades de novos investimentos e acordos empresariais para a promoción dos seus produtos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...