HomeEconomíaSober aumenta o número de turistas nos primeiros meses de verán

Sober aumenta o número de turistas nos primeiros meses de verán

A Oficina de Turismo dependente do Concello de Sober incrementou este verán nun 45,07% o número de visitantes atendidos nos meses de xuño e xullo con respecto ao ano 2018.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca o impulso que a candidatura a Patrimonio Mundial lle está dando ao número de turistas que veñen coñecer Sober e o conxunto da Ribeira Sacra, e repara tamén na importancia para seguir aumentando as visitas que a localidade vaia sumando novos establecementos hoteleiros e novas aperturas no ámbito da hostalería e da restauración.

Nos meses de xuño e xullo recibíronse 1.207 visitantes na Oficina de Turismo da localidade, fronte ás 832 que se achegaron nos mesmos meses do ano pasado. Isto supón un incremento de 45,07% con respecto ao 2018.

Preto de 1.000 persoas foron nacionais do estado español e, respecto ás visitas que chegaron do estranxeiro, un total de 85 persoas, as procedencias foron diversas: EEUU, Uruguai, Venezuela, Arxentina, México ou Xerusalén. Entre os turistas europeos figuran diferentes nacionalidades, como Portugal, Francia, Suíza, Inglaterra, Escocia, Alemaña, Holanda, Polonia, Suecia, Hungría, Eslovenia, Bélxica, República Checa e Italia.

A información máis demandada está relacionada cos miradoiros, embarcadoiros, o románico, as bodegas da zona, a olería, os catamaráns, a hostalería e hospedaxe, así como as rutas pola Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...