HomeEconomíaMelloras na estrada que vai de Ferreira a Currelos

Melloras na estrada que vai de Ferreira a Currelos

Investimento próximo aos 390.000 euros para acondicionar preto de 8 quilómetros nun treito da LU-P-4102 que vertebra a comunicación entre Escairón e Currelos, principais poboacións do Concello do Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

Arrincaron os traballos de mellora e acondicionamento da estrada provincial LU-P-4102 que comunica Ferreira con Currelos cun investimento de 386.852,73 euros a cargo da Deputacion de Lugo. Esta actuación mellorará preto de 8 quilómetros da vía, comprendidos entre os puntos 14 e 22, no Concello do Saviñao, dando resposta aos centos de usuarios/as que utilizan a diario esta estrada que vertebra de norte a sur o municipio dando servizo aos veciños e veciñas deste concello pero tamén de Pantón.

O Presidente da Deputación, José Tomé, destaca que “nestes primeiros días vanse desenvolver as tarefas de rexeneración do firme con aglomerado en quente, e despois xa se procederá ao pintado e sinalización horizontal, quedando rematadas as obras nun prazo de tres semanas”. Ademais, Tomé, que é responsable directo da área provincial de Xestión Territorial, sinala a importancia das actuacións, que “completan a renovación integral desta estrada que presentaba unhas deficiencias que os propios veciños e veciñas detectaran”. Un exemplo máis, engadiu, de que “a institución provincial escoita as demandas da cidadanía e traballa para darlles resposta”.

Este proxecto de mellora da estrada provincial de Ferreira a Currelos, no Saviñao, estaba en proceso de contratación á chegada do actual Goberno provincial, aínda que pendente da aprobación do Plan de Seguridade e Saúde no Traballo e do servizo de control de calidade.

O novo Executivo axilizou estes trámites pendentes no mes e medio que leva de mandato e as obras poidéronse iniciar xa este mércores 4 de setembro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...