HomeEconomíaVacún selecto galego, desde Monforte para o mundo

Vacún selecto galego, desde Monforte para o mundo

Gallaecia Delicatesen ten a súa sede no Polígono Industrial do Reboredo, no Concello de Monforte de Lemos, onde aspira a xerar 25 postos de traballo directos, na actualidade o cadro de persoal fórmano 7 persoas.

Publicado o

- Advertisement -

A posta en marcha desta empresa supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros, dos que 478.000 son achega da Xunta, ao abeiro da orde de axudas que a Consellería do Medio Rural habilita para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, a través do PDR 2014-2020. Aspiran a xerar 25 postos de traballo directos

A empresa que comezou a súa actividade hai dous meses e medio, conta cun cadro de persoal de 7 persoas e aspira a estar a pleno rendemento nun ano. Este venres, 6 de setembro, contou coa visita do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Balseiro explicou que o proxecto encaixa á perfección cun dos obxectivos estratéxicos marcados polo Goberno galego para garantir un futuro máis sólido para o sector cárnico: a aposta pola orixe galega. “Esta empresa traballa con reses autóctonas selectas procedentes de pequenas explotacións gandeiras e dunha selección de matadoiros, todo isto, para marcar a diferencia pola calidade e a trazabilidade do produto”-dixo Balseiro.

Gallaecia Delicatesen naceu co obxectivo de cubrir unha demanda de produtos cárnicos e preparados a nivel nacional e internacional e, de feito, xa exporta a países como Bélxica ou Francia.

Outra das iniciativas innovadoras promovidas por esta empresa é a posta en marcha dunha aula de formación e show room para promocionar os produtos, formar ao persoal e destinada tamén a catas e demostracións in situ.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...