HomeEconomía73 contratos en 7 concellos do sur da provincia a través de...

73 contratos en 7 concellos do sur da provincia a través de 3 obradoiros de emprego

Os tres obradoiros duais son promovidos individualmente polo Concello de Monforte de Lemos, o taller Ricra III que comparten os municipios do Saviñao, Pantón e Sober e, finalmente o Sillor VI, que promove Folgoso do Courel xunto con Ribas de Sil e Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de 3 obradoiros de emprego que implican a 7 concellos da zona Sur de Lugo, para o que destina un orzamento de 1 millón de euros.

Os obradoiros aprobados na comarca, que terán unha duración de 9 meses permitirán a contratación de 73 persoas, entre alumnos-traballadores (un total de 60) e persoal de dirección, administración e monitores (13 contratos).

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade. O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro.

No caso dos obradoiros duais un dos criterios que se valorou foi o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral do alumando que o supere durante un mínimo de tres meses con contratos nunha empresa a xornada concreta. Esta opción foi a promovida polo obradoiro de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...