HomeEconomía160.000 euros para impulsar a competitividade do comercio do sur de Lugo

160.000 euros para impulsar a competitividade do comercio do sur de Lugo

A Xunta destina 40.000 euros ao Centro Comercial Urbano de Monforte e outros 40.000 euros á Asociación de Comerciantes de Chantada ao abeiro dun programa para fomentar o asociacionismo do sector, e 79.200 euros en axudas para 13 comerciantes e obradoiros artesáns mediante unha orde de subvencións específica para modernizar o comercio.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder axudas por importe de 159.200 euros para impulsar o sector comercial nas comarcas do sur lucense. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acudía a Monforte de Lemos para explicar estas achegas acompañado, entre outras persoas, pola presidenta do Centro Comercial Urbano dese concello, María José Senra, e o xerente Ángel Folgueira.

A colaboración da Consellería coas asociacións de comerciantes ten por obxecto dinamizar e revitalizar os centros comerciais abertos para incentivar as compras nos comercios das vilas e cidades galegas. Balseiro destacou como principal novidade a posibilidade de recibir axudas orientadas á posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados, para a modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web ou iniciativas de marketing dixital.

Neste sentido, afirmou que o comercio local ten que “aproveitar todos os espazos de difusión dispoñibles e ter tamén  presencia nas redes” e incidiu “no esforzo de adaptación que están a realizar os comerciantes”. Ao respecto, lembrou que na zona sur, os 13 beneficiarios das   axudas para modernización recibiron apoio para propostas de dixitalización: creación de páxinas web, xestión de redes e  mellora da imaxe dixital en xeral.

Do total de comercios beneficiarios, nove están situados no concello de Monforte de Lemos, dous en Chantada, e hai tamén un en Taboada e outro en Bóveda. Entre todos, suman un investimento mobilizado de 132.000 euros.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...