HomeEconomíaO Goberno central destina 15,6 millóns á liña ferroviaria entre Monforte e...

O Goberno central destina 15,6 millóns á liña ferroviaria entre Monforte e Ourense

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno de España destinará 15,6 millóns de euros para realizar melloras na liña ferroviaria entre Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, e Ourense, co obxectivo de mellorar as prestacións neste trazado.

Así o destacou este mércores a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, tras recoller o BOE a licitación por parte de Adif das melloras previstas na sinalización e as telecomunicacións deste trazado, así como a formalización do contrato para reparar os desmontes nun tramo do mesmo.

Estes traballos, aclarou, enmárcanse dentro das actuacións previstas por Adif para mellorar o trazado ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, co obxectivo final de adaptalo ás prestacións de alta velocidade.

O contrato de maior contía é a execución do proxecto para mellorar a sinalización e as infraestruturas de telecomunicacións, que ascende a 12,6 millóns de euros e que forma parte dun conxunto de actuacións relacionadas “co cambio de electrificación de 3kV a 25 kV no traxecto Monforte-Ourense, para aumentar a fiabilidade, capacidade e competitividade do tramo”, precisou Rodríguez.

En canto ao contrato para reparar os desmontes entre o quilómetro 34,7 e 43,22, foi adxudicado á empresa Taboada e Ramos por 2,9 millóns de euros, cun prazo de execución de 13 meses.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...