HomeEconomíaWorkshops para impulsar a internacionalización

Workshops para impulsar a internacionalización

Os talleres contarán con representantes de empresas da provincia con experiencia en exportación como Grupo Leche Río, Torre de Núñez ou Vinigalicia.

Publicado o

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza esta semana, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, dúas workshops ou talleres de traballo que, baixo o título “Exportar: como comezar e ferramentas para crecer”, buscan proporcionar ferramentas de mellora da súa posición en mercados exteriores para as pemes lucenses.

Os talleres se celebraranse en Lugo (na sede da CEL) o 19 de decembro e en Monforte (Centro Cívico no  Paseo do Malecón) o venres 30, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Contarán para a súa impartición con ponentes dunha consultora especializada en internacionalización, así como con representantes de empresas da provincia con experiencia en exportación. Ademais de comentar a actividade exportadora das empresas de Lugo, analizaranse as diferentes ferramentas e apoios públicos que existen para impulsar a internacionalización así como dos Incoterms 2020.

De carácter práctico e intensivo, diríxense preferentemente a empresarios, emprendedores e responsables de áreas de comercio exterior das empresas, aínda que poden resultar tamén de interese para estudantes de ramas de formación profesional e graos universitarios relacionados coa economía e a empresa, e público en xeral. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse chamando ao 982 23 11 50 ou na web da CEL www.cel.es.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...