HomeEconomíaO polígono de Monforte será renovado

O polígono de Monforte será renovado

O centro empresarial de Monforte está englobado dentro dos denominados Concellos Emprendedores por parte da Xunta de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións que se van levar a cabo no polígono comprenden actuacións nas redes viarias, xestión de residuos e instalación de sistemas de seguridade. O polígono de Monforte está enmarcado dentro dos denominados Concellos Emprendedores por parte da Xunta, é decir, está adherido ó convenio entre a Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais.

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vai a destinar unha partida presupostaria de 1.3 millóns de euros para mellorar 15 polígonos industriais da provincia de Lugo.

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que, “o investimento nos polígonos da provincia é para favorecer a competitividade de empresas, cubrindo as posibles carencias en infraestructuras e as novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas e de servizos comúns de carácter xeral”.

 

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...