HomeEconomíaAdif anuncia 500 millóns para rematar as conexións de AVE Ourense-Monforte

Adif anuncia 500 millóns para rematar as conexións de AVE Ourense-Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Sobre a comprometida chegada da alta velocidade na liña que une Ourense con Monforte e Lugo, Adif apunta que hai un investimento previsto de 476 millóns de euros para un traxecto de 117 quilómetros. “Son numerosos os contratos xa adxudicados ou en fase de licitación”, á vez que aqueles “xa formalizados teñen previsto o inicio dos traballos a principios de 2020”, destaca nunha reportaxe publicada en Galicia Confidencial.

En execución atópanse 1,8 millóns para a redacción de 36 pasos a nivel. En licitación está: a electrificación (con 83 millóns) para a renovación de Ourense-Monforte e a instalación de Monforte-Lugo; a mellora de sinalización en Ourense-Monforte (12,6 millóns) e as obras de adecuación entre os puntos quilométricos 361 e 375 de Monforte-Lugo.

Xunto a isto, están adxudicados: a subministración de carril para a renovación do tramo Ourense-Monforte-Lugo (14,6 millóns); a subministración de travesas e aparellos de vía para Ourense-Monforte-Lugo (37,3 millóns); así como a reparación de 11 desmontes e 23 pontes en Ourense-Monforte (4 millóns).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...