HomeEconomíaAdif licita a redacción do proxecto para mellorar o tramo Covas-Monforte por...

Adif licita a redacción do proxecto para mellorar o tramo Covas-Monforte por 3’36 millóns

O contrato comprende a renovación da vía e mellora dos desmontes, terrapléns, pontes, túneles e canalizacións de drenaxe nese tramo, que ten uns 85 quilómetros de lonxitude.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Adif aprobou a licitación do contrato para redactar os proxectos de mellora de “infraestrutura e vía” no tramo Covas-Monforte de Lemos, pertencente á liña férrea de ancho convencional León-A Coruña. Segundo informou o propio Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, o orzamento de licitación supera lixeiramente os 3,36 millóns de euros.

O contrato comprende estudos e proxectos para renovar a vía e mellorar os desmontes, terrapléns, pontes, túneles e canalizacións de drenaxe nese tramo, que ten uns 85 quilómetros de lonxitude.

Analizaranse, por tanto, os problemas detectados en desmontes e terrapléns -como esvaramentos-; realizarase unha inspección de todas as pontes do tramo -para proxectar as actuacións previstas-; estudarase o estado de conservación dos túneles e revisarase o funcionamento dos sistemas drenaxe.

O proxecto tamén contempla a renovación da vía en todo o tramo, que formará parte do Corredor Atlántico Ferroviario Vigo-Ourense-Monforte-León.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...