HomeEconomíaSober aproba 2,8 millóns de orzamento

Sober aproba 2,8 millóns de orzamento

O Concello de Sober vén de aprobar, cos votos a favor do Grupo de Goberno e a abstención de Agroma Sober e o PSOE, uns Orzamentos para 2020 nos que prima o gasto social e o investimento público. O orzamento ascende a 2.805.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

No capítulo de ingresos, o concello de Sober baixa a taxa do lixo nun 10%, ao tempo que non se sobe ningún imposto nin taxa municipal (gardería, IBI, vehículos, escola de música, auga e saneamento).

No apartado de gastos, o Concello prima o gasto social ao que destina preto de 800.000 euros. Contémplase un importante incremento no salario para as Auxiliares de Axuda no Fogar, arredor dun 6% (por uso de vehículo propio), máis o 2% que corresponde coa suba estatal, e contémplase un 0,3% adicional. Mantense o Servizo de Conciliación no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, gratuíto con xornada de mañá e tarde.

Amplíase a dotación das becas de transporte universitario e as axudas para alumnos de BAC. Amplíase a dotación das axudas aos clubs de Fútbol e seguirá habendo axudas para deportistas individuais.

O concello segue a rebaixar a débeda viva co obxectivo de rematar o ano con débeda cero. O Concello de Sober fará ademais un importante esforzo na mellora da rede de saneamento e abastecemento (ao que destina 430.000 euros), nas infraestruturas viarias (250.000 euros) e no impulso do turismo (máis de 200.000 euros), a través de medidas concretas que irá dando a coñecer nas vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...