HomeEconomíaAsí foi o pasado glorioso da estación de Monforte

Así foi o pasado glorioso da estación de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A estación de Monforte de Lemos foi a máis importante da provincia de Lugo e unha das máis importantes e con maior número de pasaxeiros de Galicia debido a confluencia das liñas León-A Coruña e Monforte-Redondela.

Ten servizos de Media e Longa Distancia, ademais dunha imporante función loxística derivada da súa extensa praia de vías. A pesar da súa lenta decadencia, o certo é que o ferrocarril pode ser un novo incentivo para esta cidade coa chegada do AVE.

Está previsto polo Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte 2009-2020 do Ministerio de Fomento o nexo de unión dos trens rápidos que chegarán a Lugo e Ourense vía Ponferrada. Por iso está en proxecto unha nova estación para os servizos de alta velocidade, ao nordés da cidade, nas proximidades da estrada de Reigada.

Deste xeito, Monforte pode recobrar ese esplendor ferroviario que a caracterizou e que, nos seus mellores anos, chegou a ter a máis de 2.000 persoas que vivían do tren. A web archivoferroviario recuperou neste documentario parte dese esplendor, xa en decadencia, que aínda conservaba a capital do Lemos nos anos 80.

LONGA HISTORIA

A chegada do ferrocarril a Monforte de Lemos en 1883, foi a culminación dun proceso iniciado 25 anos antes, o 21 de abril de 1858, cando a raíña Isabel II sancionou a lei que todo ese tempo despois faría posible que o tren chegase á cidade do Cabe. O artigo primeiro desta lei establecía que o goberno adxudicará en poxa pública «a liña de primeira orde» que entre en Galicia pola Ponte de Domingo Flórez, e en Monforte se bifurcase para terminar nos portos da Coruña e Vigo.

O rei Afonso XII concedeulle a Monforte o título de cidade polos esforzos nos traballos do Ferrocarril, que foi o motor da economía da cidade, ata que reestruturacións desprazaron o no ferroviario existente e o lugar de Mando á cidade de Ourense, mentres que o único taller de reparación de Máquinas de Galicia, foi trasladado a León. Actualmente, aínda se mantén na cidade lucense parte dos talleres. As infraestruturas que caíron en desuso, como ó depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e actualmente albergan o Museo do Ferrocarril de Galicia

Estación de tren de Monforte / Galipedia

 

ÚLTIMAS

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...