HomeEconomíaSaldos de final de inverno en Sarria

Saldos de final de inverno en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria -ACES-CCU Sarria-, prepara para a vindeira fin de semana, venres e sábado 28 e 29 de febreiro, a quinta edición do "Outlet de inverno".

Publicado o

- Advertisement -

O primeiro ano no que se organizou o “Outlet de inverno”, no 2016, contaron para esta iniciativa de dinamización do comercio local coa participación dun total de dezaseis comercios. Este ano o número de comerciantes alcanza os vinte e catro comercios.

Os establecementos comerciais asociados ofrecerán grandes descontos, terán unha zona “Outlet” con prezos “super-recortados” que proveñen do excedente desta tempada de inverno e tamén de stock existente de tempadas anteriores.

A boa acollida que ten entre o público esta actividade está provocando, segundo din os organizadores, que cada ano se sumen máis negocios e que a acción comercial se amplíe a dous días, venres e sábado, coincidindo co remate do mes de febreiro neste caso.

Baixo o lema “Recortamos os prezos“, o comercio de Sarria ofrecerá dúas xornadas nas que haberá moitos produtos onde escoller e a un prezo irresistible. Un distintivo visible nos escaparates, identificará os comercios participantes.

Cartel promocional

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...