HomeEconomíaO Incio aproba uns orzamentos de 1.811.000 euros

O Incio aproba uns orzamentos de 1.811.000 euros

O Concello do Incio vén de aprobar en pleno, os Orzamentos municipais para o ano 2020, que ascenden a 1.811.000 euros, preto de 400.000 euros máis que os do ano anterior, un 29% máis. 

Publicado o

- Advertisement -

O incremento nas contas vén motivado, tal e como explica o rexedor, Héctor Corujo, polo incremento dos ingresos reais respecto ao previsto no exercicio de 2019, e a previsión do incremento nas transferencias correntes por mor do crecemento económico. En concreto, vanse destinar 356.776,06 euros a investimentos reais.

Mantéñense os servizos públicos básicos como, a recollida e tratamento de residuos, a iluminación pública ou o mantemento das zonas axardinadas. Mantéñense tamén os servizos sociais, que se verán reforzados, xa que o Goberno local considera que nestes momentos, os maiores, así como os dependentes, son os que máis apoio necesitan.

No ámbito cultural e deportivo inclúese unha subvención nominativa co fin de promover o deporte entre os nenos e as nenas do Concello e vaise seguir apoiando ás asociacións para que poidan realizar as súas actividades.

Procurarán novas axudas económicas doutras administracións públicas, o que vai permitir incrementar a realización de obras como acontece coa achega do IDAE para a renovación da iluminación pública de todo o termo municipal, que ascende a 417.982,40 euros. As contas recibiron o voto favorable do Grupo Municipal do PP e o voto en contra do Grupo Municipal do PSOE.

ÚLTIMAS

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...

A Real Sociedade Española de Historia Natural visita o Xeoparque Montañas do Courel do 14 ao 16 de marzo

Entre os días 14 e 16 de marzo de 2025, unha representación da Real...