HomeEconomíaBóveda estuda suspender taxas e impostos aos afectados economicamente

Bóveda estuda suspender taxas e impostos aos afectados economicamente

Creouse ademais un foro de debate e suxestións sobre as medidas que o Concello pode adoptar para minimizar os efectos da pandemia do coronavirus no termo municipal de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Bóveda anunciaba este xoves, 19 de maro, que vén de crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do coronavirus. Na primeira reunión acordou estudar a suspensión de cobro de taxas, así como todos aqueles aprazamentos e fraccionamentos de taxas, impostos, etcétera, que fose preciso levar a cabo para os sectores económicos afectados, familias, empresas, etc. Unha medida que a Comisión Municipal desenvolverá nos vindeiros días.

Tamén se tomou a decisión de avaliar a necesidade de pechar as áreas recreativas, e seguir atendendo á cidadanía, en especial ás persoas máis vulnerables, así como manter a colaboración coas autoridades sanitarias, como se vén facendo desde que se decretou o estado de alarma.

Entre os acordos está facilitar medidas que favorezan o traballo dende as súas casas aos empregados públicos na medida do posible, e sempre que sexa viable a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais.

A comisión está integrada polo alcalde, José Manuel Arias, e catro vogais:

  • 1º Tte. De Alcalde e Delegado de Obras, D. José Luís Ribera Saco.
  • 2º Tte. De Alcalde e delegado de servizos sociais D. Dionisio Blanco Rubiños.
  • A traballadora e Coordinadora de Servizos Sociais, Dna. Begoña Sánchez Roura.
  • O Secretario-interventor, D. Luís Eduardo Matías Sánchez.

Prestación de servizos

O Concello de Bóveda continúa coa súa actividade administrativa, pero adoptáronse medidas para evitar aglomeracións no Rexistro Municipal e en calquera servizo de Atención ao Público, acudindo á cita previa para que non se formen colas.

Recoméndase facer as xestións administrativas de xeito telemático a través da Sede electrónica do concello de Bóveda:

https://concellodeboveda.sedelectronica.es/info.0

Priorízase a atención telefónica e telemática. O servizo de limpeza incrementarase nas dependencias municipais, centros de saúde, Casa da Cultura e Grupo Escolar, mantendo especial coidado na limpeza e desinfección das superficies ás que acceda o público. En canto ao persoal de servizo de axuda no fogar mantéñense os servizos imprescindibles de atención persoal e mantemento de alimentación e medicación. Os usuarios de suspensión temporal teñen seguimento telefónico a través das súas auxiliares.

Tamén se lle proporcionou ao persoal instrucións para previr a transmisión do coronavirus e se reorganizaron os horarios cos servizos básicos e imprescindibles.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...